13 de marzo de 2007

BANDA DE MÚSICA DE BRÁNTEGA

Creo que foi en 1983 cando se refundou a Banda de Música de Brántega. No seu preestreno, aínda sen uniformes, presentáronse en Brántega ante unha nutrida concorrencia de público das parroquias veciñas. Na imaxe vemos un momento do primeiro concerto co seu director, José Oro Val, autor do celebradísimo pasodobre Rolandito, entre outras moitas.
Os compoñentes da banda eran os propios veciños de Brántega e algúns de Carmoega. Brántega recuperaba o compás e o orgullo. Pódese dicir que aínda está viva pois serviu de xermolo para a actual Banda Municipal de Agolada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario