24 de marzo de 2007

CABRAS E OVELLAS


Xa poucas cabras e ovellas se ven nos campos de Agolada. Antano abundaban como un complemento á explotación do gando vacún. Algunhas familias, poucas, dedicábanse exclusivamente á cría destes animais. O oficio de pegureiro xa non existe. Hai quen non coñece nin o nome.
As da foto, velaí, estaban o día da Noiteboa pasada nun prado xeado de Basadre. Rabizando nas herbas e un tanto sorprendidas pola miña presenza.

2 comentarios:

  1. cando estiven na illa do hierro fotografei vacas e ovellas para ensinarllas á miña nai. fun o ano pasado e aquilo, do verde que estaba, parecía irlanda. miña nai retrucoume que xa estaba coma sempre, en vez de saír eu na foto, mira que me amosas... e esta foto túa lembroume moito ese intre.
    por certo, eu xa sabía que a pintor lle gustaban moito os deportes e cando non lle dá ao pé, dálle á pluma, ben se lle miran as súas debilidades, como debilidade é a devoción que ten por este blog teu, foi el quen me enviou o enderezo e eu estoulle moi agradecida, porque me gusta lerte e ver esas imaxes que vas rescatando non só para ti, senón tamén para nós.
    apertas

    ResponderEliminar
  2. Pegureiro?? confésome inorante, non coñecía ese oficio. É ben verdade, que xa non se ven, polo menos no entorno de Agolada, pero que se vai esperar se xa logo non se ven nin as vacas. De rapaz acordo un rebaño non pequeno e atrás del, medio coxeando, ahí iba, o lixeiro vello, logo despois tubo unhas poucas o Abel de Antonio, tamén do puntillón, e dende ahí non recordo de haber máis.
    Un saudo e volvo agradecer o tempo que lle adicas a renovar o blog.

    Naveiro.

    ResponderEliminar