15 de marzo de 2007

CAPELA DE SANTANDRÉ

A capela da foto está no lugar de Santandré, parroquia de Carmoega, da outra banda do río. Nunca tan ben expresado; Santandré e Quián son os dous únicos lugares do concello de Agolada que están na marxe esquerda do Arnego. O resto do municipio está na banda dereita do citado río.
En contra do que poida indicar o topónimo a capela non está dedicada a Santo André senón a Santa Lucía. Precisamente o día de Santa Lucía (13 de decembro) é o único día do ano no que ten culto. Antano celebraban romería, agora xa case non lembramos cando foi a última vez.
A capela precisa unha manciña de arranxos. Nela cabe destacar o sinxelo campanario barroco (¡cinco pináculos!) e as ucheiras e lintel moldurados da porta de entrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario