16 de marzo de 2007

FEIRA DO GRAN

Na praza de Agolada, en 1970. Día de feira. Uns sacos no chan con trigo ou con centeo. Arredor deles varias persoas. Uns miran, outros preguntan, outros venden, algúns compran. Todos conversan. Non hai posto de mercado. O aire libre é espazo suficiente. Quizais un tallo e unha romana para pesar o gran. Así de sinxela é unha feira. As mercadorías cambian de mans e os cartos, de peto.
Foto do arquivo Bernabé.

Ningún comentario:

Publicar un comentario