20 de marzo de 2007

FUTBOLISTAS A MEDIAS

Hai fotos curiosas. Esta é unha delas. Pola anécdota. Teóricamente este era o equipo de fútbol de Agolada naquela época (a principios dos anos 60). O motivo que xustificaba a foto era a estrea de equipación (sen patrocinador). E ¿onde está a equipación? Boa pregunta. Nunha época onde as necesidades eran múltiples, gastar os cartos en equipación era un dispendio. Pero iso non arredou a este equipo. Empezou por algo sinxelo: a compra de medias. Pero non unhas medias de futbolista. Medias de muller, de media perna, de lá. E aí están, orgullosos das súas medias e concentrados na foto. Non teñen diante un balón senón saen todos disparados cara a el. Actitude e disposición non lles faltan. Nin os galácticos actuais superan a estes en ganas.
Estes futbolistas agoladenses, menos famosos, tamén teñen os seus nomes de guerra. De esquerda a dereita: Ovidito do Carteiro, Félix de Prudencio, Pepiño do Quián (Piti), Tuchiño de Antucho, Pepe de Víctor, ¿?, ¿?, Manolo de Mutilado (anicado), Carlos do Luís de Juanito (detrás do anterior), Luís de Outeiro, ¿?, Juan Luís do Eiras (xersei branco), Toño de Buxán e Benitín.
Sobre o valado non recoñezo a ninguén. O campo era o prado do Fraga (onde está agora o Banco de Bilbao).
Campións, oe,oe,oe...

Ningún comentario:

Publicar un comentario