16 de marzo de 2007

IGREXA DE AS TRABANCAS

Asegura a tradición oral que a primeira igrexa da parroquia estivo no lugar de Lamas. A actual foi construída en 1759 seica por un crego que atopara un pequeno tesouro no castro da Gandarela (mámoa á que xa lle dediquei unha entrada).
A igrexa apunta a un estilo convencional que mestura elementos barrocos e neoclásicos. Ten planta de cruz latina. O presbiterio, capelas laterais e sancristía teñen bóveda de canón e resolve a nave principal cun tellado a dúas augas sobre vigas e pontóns de madeira. A igrexa está moi ben coidada e nela venéranse a Virxe da Saleta, a Virxe da Pena, trasladada desde o monte da Rega da Virxe, o San Simón que viñera do monte Laredo en Aián...
Os arredores da igrexa, adro, camiño e carballeira da Saleta están sementados de cruceiros, que sufriron en moitos casos desubicación ou decapitación das cruces.

Ningún comentario:

Publicar un comentario