26 de marzo de 2007

NA FEIRA DAS VACAS

Nesa pescuda de fotos da feira de Agolada, internet permitiume dar coa instantánea que acompaña este artigo. Estaba no blog (Clop) de Xisbe. Era de supoñer que se alguén de fóra tiña unha foto coma esta, tivese outras sacadas na mesma xornada. Púxenme en contacto con Xisbe e efectivamente ten máis fotos.
Rescatar estas imaxes é unha tarefa necesaria para darmos testemuña da importancia que no seu momento tivo este mercado. Estou convencido de que hai moitas máis fotos dormindo en caixóns, en arquivos, en museos, en álbumes, agardando a man de neve (en palabras de Bécquer) que vaia a buscalas.
Na foto de Xisbe, do ano 1976 ou 1977, labregos e tratantes, desenrolan as artes do mercadeo e do trato ante a indiferenza dos animais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario