10 de marzo de 2007

OS PENEDOS


En Carmoega a pedra é esquistosa. Con ela fixéronse as casas e os valados. A súa irregularidade esixía ser asentada con arxila e engrosar os muros (80-100 cms.).
Desde o Arnego, cruzando o sobreiral sobe unha dorsal de esquistos ata coroar Paradela. Son rochas aguzadas, inclinadas cara o sur, como as da foto. Chamámoslles Os Penedos. Algúns son tan sobresaíntes que reciben nomes singulares: Pena Negra, Pena do Muíño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario