7 de marzo de 2007

RUBIA GALEGA

Agolada foi de sempre gandeira e agrícola. No campo houbo moitos cambios, algúns para ben. Cada vez hai menos gandeiros, menos labregos, menos xente. Por todo iso aleda ver que quedan explotacións en pé. A da foto está n'O Valadoiro (Santa Comba). Dedícase á cría ecolóxica da raza rubia galega. Os animais da foto, de mirada atenta, non precisan selo de calidade.

1 comentario:

  1. Que porte tan magnífico teñen¡¡¡ Seguro que unha se chama Galleira e a outra Morena ou Teixa; ou quizais Cachorra ou incluso polo brío que amosan diría que Gallarda, Linda ou simplemente Rubia.
    Tamén se van estes nomes. Na actualidade xa as hai que se chaman Chenoa ou peor, L-67. Mundo, mundo.

    ResponderEliminar