14 de marzo de 2007

A TABERNA

Taberna de Emilio de Modesto, de Aurita. A Guillerma (Borraxeiros). Si, tamén hai que reivindicar as tabernas non por dispensarios de bebidas alcohólicas, senón polo que teñen de oferta de servizos á poboación (hai quen lles chama o Corte Inglés do rural, pois venden de todo) e pola compoñente social ao seren lugares de reunión, de conversa, de encontro.
Segue, pese aos anos, practicamente intacta. As botellas do andel superior son tan vellas como a taberna, nin se sabe de que ano son, todo un repertorio de marcas esquecidas.
Así eran as tabernas de hai moitos anos. Esta é un museo vivo e en activo.

2 comentarios:

  1. O máis doloroso é comprobar como estas "farmacias de garda" teñen que soportar a mesma presión fiscal que O Corte Inglés.

    ResponderEliminar
  2. Ferrotaberna é unha boa definición tamén. DEnde puntas de 20 100 a botes e Colacao

    ResponderEliminar