25 de marzo de 2007

TRÍO DE FLORES

A primavera é un prodixio de beleza. A natureza escomeza a rebentar. Cómpre andar con ollos escrutadores e descubrir os pequenos e a veces insignificantes tesouros que nos ten reservados. Hai unha semana, na compañía de Ángel Utrera, reparei nestas floriñas delicadas cuxo cromatismo pasa do branco ao celeste para rematar nun suave lila. Cáliz pentagonal e cinco pétalos, mais ¿o nome? Perdoade a miña ignorancia e permitide que volas amose. A fermosura, a veces, non entende de nomes.
Estas flores están no xardín da casa da Pena en Carmoega (Agolada). Tamén as hai nos bosques próximos.

2 comentarios:

  1. Pensamentos.

    Pensamentos os que me entran cando te leo. Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. a miña debilidade polas flores débolla á miña avoa. cando abro e vexo algo tan bonito o sol sorrí. gracias, manolo

    ResponderEliminar