7 de abril de 2007

CAMIÑO REAL EN MERLÍN

Caminante son tus huellas
el camino nada más;
caminante no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino
sino estelas sobre el mar.
¿Para que llamar caminos
a los surcos del azar...?
(...)
Antonio Machado
Despois destes fermosos versos de Antonio Machado ¿como chamarlle a este vieiro abandonado que case ninguén pisa xa? Non hai camiño, nin pegadas, e ao volver a vista atrás vese a senda que ninguén quere pisar. Medran as herbas, avanzan as silveiras, as sombras son pólas mestas de carballos e o cruceiro mimetízase coas árbores vestindo traxe de brións.
Este da foto é un fragmento do camiño real que unía Agolada con Brántega. Consérvase entre as aldeas de Merlín e a Vila Grande na parroquia de Merlín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario