4 de abril de 2007

CRUCEIRO DE VILARIÑO

Fermoso e elaborado cruceiro o de Vilariño, pero moi mal ubicado.
Sucede con bastante frecuencia que non apreciamos estes monumentos da arquitectura popular. Están aí e case nin miramos para eles. Non consideramos suficientemente o seu valor.
Este cruceiro de Vilariño está á beira do camiño como corresponde pero apegado a un valado e a un caseto (con tellado de uralita) e logo un contedor de lixo e un letreiro a cada lado. O da esquerda oriéntanos cara o lugar de Vilariño e o segundo é un STOP rotundo a tanto feísmo e descoido.
Eu opino que o único que non está no seu sitio é o cruceiro, que merece mellor ubicación e máis consideración. É un problema que afecta a outros moitos cruceiros: o de Cristín, o de Vilanova (Borrraxeiros), que tamén clama por ser levado á praciña que veñen de facer onda o campo da festa.

1 comentario: