3 de abril de 2007

DE PASEO POLA ESTRADA NEVADA

Un pouco de neve, un domingo pola tarde, unha raiola de sol invernal e un abrigo nas costas. E a pasear e a facer unha foto para que dentro de 45 anos a poñan nun blog en internet. Daquela a estrada N-640 máis que unha estrada era un paseo asfaltado polo que pasaba algún coche de tarde en tarde, e se había neve, pois non pasaba ningún que o Picato estaba pechado.
Na foto aparecen: Mari Cruz de Claudino, Carmiña de Outeiro, Pili de Claudino, a filla de Barcala, Fina de Alfredo, Marisa de Benito, Juan Vilariño, Ovidio de Cureixas e Xosé Manuel de Caldeireiro (Manix), o meu grande amigo da infancia, que morreu hai catorce anos, cando a vida empezaba a facerlle xustiza a súa bondade e desinterese.
No fondo da foto a casa de Caldeireiro (a que levantaron despois de 1920) e unha parte da casa de Neira (de Ester e Obdulia, as dulceiras).

Ningún comentario:

Publicar un comentario