22 de abril de 2007

FESTA DOS PREMIOS ESQUÍO NOS PENDELLOS

O 21 de abril de 2007 quedará rexistrado na pequena historia de Agolada como unha data importante, na que nos sentimos agasallados coa celebración das Vodas de Prata dos Premios Esquío por parte da Sociedade de Cultura Valle-Inclán de Ferrol e acompañados por unha boa representación de xente da literatura e polos veciños de Agolada.
Na foto superior Fernando Bores Gamundi recolle o Pendello de Honra da Asociación Amigos dos Pendellos de mans da presidenta Raquel Vidal Fernández e un prato conmemorativo de Agolada, de mans do alcalde Ramiro Varela Peón.


Nesta foto aparece Dona Julia Uceda, alma mater dos Premios Esquío, dos que foi membro do Xurado en castelán ao longo dos 25 anos de historia do Premio. Foi Premio Nacional de Literatura e este mesmo ano recibiu o galardón do Premio Nacional da Crítica. Moito máis humilde é o noso recoñecemento do Pendello de Honra e o prato conmemorativo de Agolada pero non menos sentido. Ela deixounos as palabras emocionadas do agradecemento e a confirmación da súa felicidade neste día. "...estoy llorando como una tonta, sorprendida por la belleza de un recinto en el que las piedras gastadas dibujan un paisaje irregular moldeado por el tiempo".
Aplaude o momento Vicente Araguas, que actuou de conductor do acto con mestría, excelente humor, ironía e ánimo. Deu unha importante lección de proximidade, amenidade, elocuencia, sabedoría e ecuanimidade. Parabéns, Vicente.

Fernando Bores, da Sociedade de Cultura Valle-Inclán de Ferrol e Xosé Vázquez Pintor, premio Esquío 1989 e veciño de Agolada foron os dous grandes promotores deste evento. Amigos dos Pendellos colaboramos e organizamos baixo as súas directrices.
Fernando Bores despediuse de Agolada levando nos labios o mel dos Pendellos e no corazón a ledicia dunha celebración que non esquencerá mentres viva. "Cen sobre cen". Con estas palabras resumía o que deu de sí o acto e expresaba o seu grao de satisfacción.

Houbo moitas actuacións musicais. Na foto o dúo Vale-Rosa interpretan pezas clásicas con bandurria e guitarra.
Sentímonos especialmente felices pola nutrida asistencia de público de Agolada, polos poetas, pola sociedade de Ferrol, de outros lugares de Galicia, de varios puntos de España, polos artistas plásticos, polos músicos, polos amigos, polas autoridades presentes. Nos próximos días recollerei neste blog diferentes momentos deste día que non esquenceremos os que o vivimos. Porque todo rozou a perfección, incluído o tempo meteorolóxico.

4 comentarios:

  1. http://www.joseluissucasas.com/din/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=115&mode=thread&order=1&thold=0

    ResponderEliminar
  2. Xosé Luís: Recibe unha aperta de buxo polas túas palabras de recoñecemento e louvanza. Con elas síntome moito máis que pagado. E alédame comprobar que estas anotacións sinxelas coas que vou tecendo este blog sirvan para que vos miredes nelas e "recoñezades" esta nosa pequena gran terra. Para seguir nesta leria é importante comprobar que a algué lle agrada e lle é útil.
    Moitas gracias.

    ResponderEliminar
  3. "Ogallá houbera un Manuel Busto en cada pobo galego, alomenos un"
    Estou ben de acordo coas palabras do teu amigo, ogallá, ogallá...
    O arredor do meiodía fixen unha chamada ao amigo Paco Lareo sen ter en conta que estaba na Golada e cal non sería a minha sorpresa, cando percibin toda a algarabía do festexo de fondo. Naquel intre quedei triste porque en verdade o que me faría feliz sería estar aí, con todos.
    Unha aperta Manolo e graciñas por compartir todas as túas interesantes inquedanzas.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa pola organización do acto e por facer de Agolada unha terra de poesía no medio de tanto granito. Como dirían hoxe os teus alumnos, es un crack.
    Felicidades e que nunca reine no teu espíritu a sombra do desacougo ou do desánimo.

    ResponderEliminar