9 de abril de 2007

HÓRREO EN BUXÁN (VENTOSA)

Lía non hai moito na prensa que en Galicia desapareceran o 70% dos hórreos. A cifra asustoume e aínda hoxe, sen posuír datos para rebatela, paréceme bastante avultada. O caso é que desde ese día empecei a mirar a desfeita dos hórreos con máis detemento. E teño observado cousas para chorar e outras, como a da foto, para manter a esperanza. Na foto de arriba observamos un hórreo tratado con agarimo, ben restaurado: limpeza e encintado da pedra, cambio das madeiras vellas por outras novas e semellantes, sen aditamentos nin construcións que o afeen.
Nada que ver co hórreo da foto inferior, restaurado no seu momento pero fagocitado pola palleira de bloques, no despropósito maiúsculo que teño visto polos arredores. Este hórreo está en Pedroso (Rodeiro). A foto sacouna a miña filla Fátima e presentouna a un concurso sobre feísmo.

1 comentario:

  1. O 70% seméllame muito pero se seguimos así acadarémolo.
    Unha mágoa que haxan máis exemplos do segundo tipo de canastro que do primeiro.
    Un saúdo

    ResponderEliminar