15 de abril de 2007

IGREXA DE O SEIXO

Esta é a igrexa parroquial de O Seixo (insisto en lle chamar así, se ben o nomenclátor oficial e a xente di O Sexo). É unha igrexa sinxela e humilde, dunha soa nave, peraltada no presbiterio. Non exenta do encanto da arquitectura popular. Está dedicada a Santiago apóstol. Encóntrase situada na parte alta da aldea, un pouco distanciada das casas, nas inmediacións do castro da Gurobela.
Na fachada cabe resaltar o tradicional encintado das pedras e o campanario e pináculos de estilo barroco. Menos apropiado é o camiño que se pavimentou no adro con cachelos de mármores e granitos aserrados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario