6 de abril de 2007

OS BAILES DO PPO

Recibín hai uns días un correo nos que un amigo me dicía gustar máis das fotos de vello que vou poñendo no blog. Imaxino que para os que somos de Agolada e vivimos a época da foto terá un atractivo lóxico. Pero sei que aquí me len e visitan desde outros moitos lugares e trato de buscarlle o xeito para que tamén esas persoas encontren algo de interese. Non se trata de facer Crónicas dun Pobo, pero si reflectir como nos pintou no pasado e como nos vai na actualidade.
Na época da foto, finais dos sesenta ou principios dos setenta, a Sección Feminina ou os do PPO (descoñezo o significado das siglas) viñeron a dar clases de baile rexional (dicían entón). E os mocetes e as mozas de Agolada, ben traxeados lucían así nun día de actuación. A foto é do álbum de Lupe Vilariño e estaba algo deteriorada. Apenas lle apliquei retoques.

2 comentarios:

  1. Quizais o PPO sexa Promoción Profesional Obrera, ou algo semellante. Ben recordo os cursos para sacar o carné de tractorista no que moitas mulleres se apuntaron e tamén ben recordo en que lugares (palleiras, teleclubs...) se chegaron a facer.

    ResponderEliminar
  2. Pois si PPO é Promoción Profesional obrera. Ás veces o franquismo é tan facil de borrar...

    ResponderEliminar