10 de abril de 2007

PASEO DA PARRANDA (Carbonciño)

Os Pendellos levan servido a varios artistas como motivo de inspiración e deixáronos plasmados en diferentes obras. A que vos presento hoxe é un carbonciño de Luís Viñas, mestre, pintor e poeta (dos da Porta Verde do Sétimo Andar). E ademais é o secretario da Asociación Amigos dos Pendellos.
A imaxe representa o Paseo da Parranda, que servía para que os mozos se acompañasen despois de rematadas as compras da feira.
Este espazo, que sufriu unha mutilación inútil, esperamos velo algún día completamente recuperado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario