2 de abril de 2007

PAZO DA BAÍÑA (I)

O pazo da Baíña está no lugar de O Castro na parroquia de San Pedro da Baíña. O seu solar fora ocupado polo antigo castro e na Idade Media por unha torre ou castelo. O actual edificio data da reforma que levou a cabo o seu propietario de entón, Xosé Varela, durante os anos 1844-1880.
O edificio ocupa unha ampla extensión pechada cunha muralla e as construcións adxectivas. Na foto vemos o portalón da entrada, de estilo neoclásico, polo que se accede a un patio porticado que serve de entrada ao edificio principal. Á esquerda a elegante e grandiosa cheminea, de sección cuadrangular e de dous corpos, con gárgolas na base e pináculos no primeiro corpo.
O estado do pazo é aceptable pero necesitado dunha reforma semellante á do pazo de Eidián que lle devolva o pasado esplendor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario