18 de abril de 2007

PREMIOS ESQUÍO NOS PENDELLOS

O día 21 de Abril, sábado a “SOCIEDADE DE CULTURA VALLE-INCLAN”, de Ferrol, quere honrar o noso Patrimonio de Feira Antiga na Arquitectura dos Pendellos d’Agolada, coa celebración dos seus 25 anos (máis un) de existencia, na coordenación do PREMIO ESQUÍO DE POESÍA (galego e castelán). No acto, a Sociedade promotora recoñecerá en agradecementos a ilusionada entrega de Julia Uceda (Sevilla 1925, residente en Ferrol ) ”alma mater” do certame, Premio Nacional de Poesía e que acaba de merecer nestes días o Premio Nacional da Crítica Española.O programa ofrece un amplo panorama desde as 11:00 hs. ata máis alá da noite: Recibimento aos asistentes ; breve información histórica da Feira e dos Pendellos, segundo o roteiro; presentación do libro “POESIA VIVA, PURA POESIA”, (Antoloxía dos Premios Esquío: 1981-2006); recital dos poetas premiados, conducido por Vicente Araguas; degustación gastronómica (agardamos a presenza dos irmáns estremeiros da Fala, desde o Val do Xalima, coa súa mostra de produtos identitarios: a fala, o aceite, viño, licores, doces, cerámica....).Xantar no restaurante Agolada. Ás 17:00 hs. prosegue a Festa da Palabra, a Pintura e A Musica, nos Pendellos, (haberá unha carpa e megafonía de estrea, por se o tempo non axuda).Ás 20:00hs. comeza o espectáculo “Editos e Inéditos-Poesía en Obra”, coa participación de cantos poetas queiran estar para o recital que consideramos primeiro na nosa ensoñación de facelo, desde xa público para cada ano (apuntádevos xa). Nel estarán máis músicos (compoñentes de A Quenlla, Bico da Balouta, Axóuxere, e os poetas que xa teñen confirmada a súa asistencia, ata o día de hoxe: María do Carme Álvaro, Ramón Caride, Mero Iglesias Dobarrio, Fernández Abella, David Otero, Elvira Riveiro Tobío...(por orden alfabética), e o acompañamento dos Artistas da Plástica Galega que honran na súa obra creativa os espazos desta arquitectura popular e das Feiras de Galicia: Manuel Busto Magdalena, Camilo Camaño Xestido, Xulio Garcia Rivas, Paco Lareo, Damian Paío, Luis Viñas, Wyli, Fernando Oro, Saul Otero...

Ningún comentario:

Publicar un comentario