11 de abril de 2007

TRÍO DE CIPRESES

Observei con curiosidade que nas parroquias de Berredo e Eidián abundan os cipreses. Poida que sexan as dúas parroquias do concello onde máis hai.
Estes tres, en escaleira de altura, irtos coma mastros dunha goleta campesiña, érguense na casa de Parada de Eidián, concretamente detrás do xardín da Casa Grande.
Chámanlle a árbore da vida, quizais porque acada unha grande lonxevidade. Paradoxicamente é a árbore que adorna moitos cemiterios.
Había un dito que acredita o ciprés coma propio das grandes casas que dicía: Pombal, capela e ciprés, pazo é.

Ningún comentario:

Publicar un comentario