12 de abril de 2007

XEOMORFOLOXÍA DO FARELO

Os lombos do monte Farelo son varridos por todos os ventos e batidos polos temporais que proceden do Atlántico. Esta acción erosiva xunto ás mecánicas do sol e o xeo conformaron as rochas coa súas formas caprichosas. O granito resultou moldeado co peite suave do vento ofrecendo un aspecto que os xeógrafos denominan pseudoestratificación do granito.
A formación rochosa da foto está no Pico do Farelo, a poucos metros do vértice xeodésico. Nela obsérvase unha pequena cavidade cúbica na que se acubilla o neno Marcos Utrera. Antano tamén servía de acubillo aos pastores.
O Farelo é de grande interese para os xeógrafos porque nel hai toda unha enciclopedia de xeomorfoloxía. A Sociedade Galega de Xeografía visita periódicamente este monte, guiados polo profesor Antonio Presas García, quen leva moitos anos namorado destes cumes, anque menos desde a construción do parque eólico.
Xosé Manuel García García, licenciado en Xeografía, ten un interesante estudo feito durante a carreira sobre a xeomorfoloxía do Farelo, cuxo perfil observaba de neno desde a súa casa de Vilasante-Facha-Antas de Ulla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario