4 de maio de 2007

BRASÓN DE BORRAXEIROS (IV)

O escudo está cargado sobre unha cruz de Santiago, con forma característica dos séculos XVIII e XIX, cortado e medio partido. No primeiro cuartel ten dúas torres con dúas aguias coroadas pousadas sobre ameas, cunha das patas pousadas no bordo dun saleiro onde peteiran. Orla de cadea medieval pechada con candado no abismo do escudo (SALGADO). No segundo cuartel unha árbore e un león pasante á sinistra. No tereceiro, unha fouce de seiturar, alusiva á liñaxe dos FOCIÑOS, cun chocallo á sinistra.
A cartela ten na zona superior a divisa SALGADO SALGA POR DO SALIERE.
Texto traducido do libro Pazos de Deza de Francisco Rubia e César Gómez

1 comentario:

  1. O traballo que me está dando a cociña faime pensar no traballo que pasaba a xente de antes para facer ese escudo.
    Un saúdo e a ver se remato pronto.

    ResponderEliminar