4 de maio de 2007

CARBALLO ANANO

Hai máis de dous anos que descubrín con enorme sorpresa este carballo anano coas polas engalanadas con liques. Non sabía da existencia desta variedade de carballo e naquel momento pensei que sería un quercus robur pouco desenrolado por medrar nunha zona con pouco subsolo, bastante rochosa. Máis tarde puiden comprobar que podería tratarse dun quercus lusitanica ou carballo anano. O exemplar da foto non medía máis de metro e medio de altura e o seu tronco podería andar entre os 15 e 20 centímetros de diámetro. Localiceino moi preto da tosta que hai na cabeceira da Insua dos Cabalos. Volverei visitalo por lle sacar unha foto na que luza coas follas engalanadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario