2 de maio de 2007

CASA DA TORRIÑA (EIDIÁN)



















A Casa da Torriña é un casal próximo ao Pazo de Eidián, apenas cen metros de distancia. Se ben descoñecemos a súa historia, a arquitectura de magnífica factura fala dun pasado señorial fidalgo e labrego. Na fachada, sobre o portalón que dá acceso ao curro e á eira figura un pequeno brasón atípico, adosado ao beiril, rectangular. Nel represéntase unha ave e sobre ela un adorno xeométrico. Xa coroando o beiril e aliñado co brasón hai unha sinxela cruz sen iconografía.
Os debuxos do brasón e do corredor son da autoría de Xosé Manuel Broz Rei (publicados no seu libro Santispíritus)
Na foto pequena vemos o pozo co brocal de pedra e portelo de acceso e a pía abeberadeiro.
No interior do curro aparecen todos os elementos característicos dun casal labrego: enlousado na eira, palleira e cortellos.




Quizais o máis destacado do casal sexa este fermoso e deteriorado corredor con antepeito de perpiaños, soportado sobre columnas de pedra. Deslóceo o seu estado de abandono e o tapiado dalgún dos paramentos. Iso si, é perfectamente recuperable.

2 comentarios:

  1. Este post teu recórdame a un traballo no que colaborei, fai xa uns cantos anos, no concello de Carballo. Un inventario do patrimonio cultural onde íamos recollendo lugar por lugar documentación sobor das casas solariegas, cruceiros, fontes, reloxios de sol, petos de ánimas e ata palomares...para un catálogo da xunta que non sei nin se chegou a facer.
    Noraboa, unha vez máis, polo arrecendo a terra.

    ResponderEliminar
  2. Veño, precisamente, dende o curruncho de Paco Penas.
    Son amante da fotografía. Amante ignorante, porque non teño puta idea do manexo dos trebellos.
    Encántame o sitio. Vou, co teu permiso, ir baixando fotos, como fago dende Dorvisou.
    Noraboa polo teu traballo.

    ResponderEliminar