1 de maio de 2007

GALANOS DE ABRIL

Galanos de abril de malvas sedas,
xemas de luz nos cómaros,
rebentos de terra prometida e acesa,
ouropel de pétalos tenros,
caprichos de lavanda húmida,
flores de ignotos nomes,
promesas de satisfacción,
cromatismo da natureza espléndida,
ornato dos camiños da miña terra.
(Para todos e en especial para Beatriz, que en varios comentarios deste blog me amosou a súa especial querencia polas flores).

1 comentario:

  1. xa se me volveron alegrar os ollos.
    grazas, manolo!!!!

    ResponderEliminar