4 de maio de 2007

HÓRREOS EN ARTOÑO


No noso concello non hai unha única tipoloxía de hórreos. Conviven hórreos de formas e materias diversas.
Incluso na mesma parroquia pode haber ata tres tipos de hórreos diferentes. Coinciden na forma rectangular alongada. Diferéncianse nos materiais do corpo (mixto de pedra e madeira ou exclusivamente en madeira), nas cepas e nos piares. Hai piares de granito e esquistosos, cepas de base rectangular ou piares prismáticos, tornarratos de pizarra ou de granito. Tellados a dúas augas ou a catro como os da dúas fotos inferiores. Os tres destas fotos foron construídos sen pináculos. Na mesma parroquia, Artoño, hai exemplares con pináculos ben elaborados. Variedade, funcionalidade e estética xúnguense nestes tres exemplares que están en Artoño nun radio de menos de medio quilómetro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario