11 de xullo de 2007

ARQUITECTURA REDONDA

O emprego da liña curva na arquitectura remóntase ao Neolíticio e á época castrexa, coa construción de cabanas circulares. Tivo continuidade no emprego do arco en pontes e acueductos na romanización e definiu as características do románico nas portas, arcos e ábsidas. Sen embargo o seu emprego na arquitectura popular non tivo a aceptación dos paramentos rectilíneos.
A continuación seleccionei algúns dos elementos da arquitectura de Agolada, realizadas con liñas curvas.
Foto superior: ábsida da igrexa monacal de Órrea.

Na foto da dereita un cubo cilíndrico na fachada do Pazo de Borraxeiros, orixinariamente fortaleza medieval, derrubada polos Irmandiños en 1457.
Arquivolta e tímpano semicirculares na igrexa de Ferreiroa (fachada principal).
Portada en arco da casa fidalga de Axiaz (Ventosa) na época do Renacemento.

Pombal de planta circular no Pazo de Borraxeiros.
Casa de Outeiro de Ramil con forno semicilíndrico adosado.
A poubea de Buxán, casa de planta semicircular.
Pé e moa dun muíño, circulares, en Buxel (Artoño).

Casa rematada en semicírculo en Sesto.
Tondal con forno que presenta ao exterior un terzo de círculo, tamén en Sesto.
Palleira en A Costa (Ferreiroa).

3 comentarios:

  1. Toda galicia é redonda, circular : as montañas, os castros, os petróglifos, as mulleres e os homes, o retorno, o pensamento e os soños.

    ResponderEliminar
  2. Os vosos comentarios e aportacións engádenlle interese ás insignificancias que vos vou ofrecendo desde o cariño e a observación con que percorro esta miña Galicia máis inmediata, que é tamén vosa por se algunha vez queredes visitarnos.
    Moitas grazas polo voso tempo e apoio.

    ResponderEliminar