12 de xullo de 2007

OS TELLADOS DESTELLADOS

Nesta imaxe de principios dos anos 70 comprobamos como unha foto mediocre co paso dos anos adquire importancia como valor documental. Nela podemos adiviñar a ruína que xa comezara a prender nos Pendellos como unha lapa, pero tamén testemuña a depredación urbanística que sufriu o recinto se a comparamos coa imaxe que hoxe poderiamos obter desde o mesmo lugar. Queda tamén constancia dun dos tres carballos que había no centro dos expositores. A propósito de carballos, cómpre dicir que na documentación que se conserva da fundación da feira dise que don Ramón Barrio de Losada mandara plantar 64 carballos na campa comunal que había de acoller o mercado. Dos 64 quédannos dous en pé na actualidade, un na praza e o outro é o que se ve á dereita na foto.
(Da autoría de Magar).

1 comentario:

  1. Estás facendo un traballo de acopio de materiais envexable.
    Tódolos días consulto o teu blogo e descubro cousas novas. Gustoume o do avión no canastro e a descuberta da mámoa para o mundo blogueiro.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar