15 de agosto de 2007

FIDEL NA PONTE DE FERREIROA

Nos anos 80, coa construción da estrada local desde Agolada ata Gurgueiro, a pontella da foto, en Ferreiroa, destruíuse para erguer no seu lugar a actual, que é de vigas de formigón. Recuperamos a súa memoria nunha foto anterior de Luís de Primo do Cura e hoxe, grazas á colaboración de Fidel Torreiro, podemos vela do lado de arriba. O propio Fidel aparece na imaxe practicando con éxito as súas artes de pesca no río Ferreiroa que antano tiña troitas abundantes e saborosas.
A pontella daba paso ao camiño real que unía Agolada coa Ponte dos Cabalos e pasaba por lugares de nomes expresivos: Campo de Xastre, Valbón, Ferreiroa, A Costa, A Regueira do Ferro...

Ningún comentario:

Publicar un comentario