27 de agosto de 2007

FLOR RESCATADA

Reparei nunha flor coma esta unha tarde de maio dando un paseo cuns amigos, moi preto do Castro Marcelín, crecendo na gabia da estrada que sobe ao castro. Non levaba comigo a cámara fotográfica e pensei en volver a outra hora para tomar apunte dela. Tardei tres días en voltar e levei un pequeno disgusto. Unha máquina desbrozadora limpara as gabias naqueles días e por máis que mirei non dei con flores iguais. Andando o verán descúbroa en múltiples recantos pero teño a impresión de que ningunha é tan fermosa como aquelas poucas que medraban a carón do castro. Sería amor a primeira vista?

2 comentarios:

  1. Para a túa colección de nomes de flores: esta é unha malvela.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola aportación do nome. É unha enorme satisfacción aprender a relacionar os nomes coas realidades. Eu coñecía o nome de malvela pero non era quen de asocialo con ningunha flor. Velaí outra utilidade deste blog.
    Apertas.

    ResponderEliminar