30 de agosto de 2007

FOTO DAS MOZAS NA PORTA DO ANTIGO HOSPITALILLO

A inserción de fotos dos álbumes particulares neste blog permítenos rescatar imaxes esquecidas de Agolada e da súa xente e en casos moi concretos, coñecer a persoas que marcharon da vila hai moito anos ou que morreron. Tamén nos permite constatar a riqueza daquela pequena vila na que había moitos menos cartos ca hoxe e a alimentación era máis deficiente. Pero tiñamos un tesouro grande en xente. As escolas estaban cheas: a de párvulos, a dos nenos e a das nenas; os bares, as rúas, as casas bulían de vida.
O que máis boto de menos deses anos 60 é a xente, a alegría de saír á rúa e encontrar sempre con quen falar, con quen xogar, con quen facer unha foto...
A foto de hoxe, do álbum de Lupe Vilariño, preséntanos a unha parte das mozas, algunha adolescentes e outros nenos: Lupe do Víctor, Pili do Claudino, Fina do Alfredo, Lucita de Outeiro, Carmiña, ¿?, Lupe da Leonor (+), Lucita do Alfredo, Pili do Mutilado, Gema do Lousa, Julia Vilar, Clarita do Víctor, Raquel do Prudencio cos sobriños Alejandro e Javier Barrio, Cristina Lamazares e Mari Cruz do Claudino.

1 comentario: