20 de agosto de 2007

HÓRREA DE SESTO

Nunha anterior ocasión falei da existencia no concello de Agolada de catro hórreas. Desde hai aproximadamente un mes o inventario aumentou a cinco coa descuberta dunha hórrea en Brocos, da que tiña referencias escritas. Logo falláronme as consultas orais, pois cando preguntei polas hórreas en Brocos, todos os consultados indicaban que desapareceran baixo o encoro. Coa que aínda existe dei por puro azar.
A que vos presento hoxe na foto é a única hórrea existente na veciña parroquia de Sesto, na casa de Diego. É unha hórrea de dous claros, sobre seis piares. Todos os elementos pétreos son de pedra esquistosa. O tellado resólvese a catro augas.
Hai un denominador común ás cinco hórreas existentes en Agolada. Todas están en parroquias ribeireñas, nos vales do Ulla e do Arnego: Basadre, Baíña, Sesto, Brocos e Carmoega. Sería pois indicativo das mellores colleitas de millo nestes vales ubérrimos.

7 comentarios:

  1. Aquí chamamoslle cabazo. ¿Cal é a diferencia de Hórreo a Hórrea? ¿A madeira?

    ResponderEliminar
  2. Non sabía do sexo dos horreos/as...
    O medio para ti non ten segredos.
    Do teu blog bebemos.

    ResponderEliminar
  3. Non sei se é común ao resto de Galicia o termo "hórrea". Aquí diferenciamos hórreo de hórrea pola anchura da construción. Os hórreos teñen un ancho maior ou menor entre cada parella de columnas. Pero se aparecen tríos de columnas aliñadas e ten dobre ancho, daquela recibe o nome de hórrea. Sería pois unha diferenza de tamaño semellante á de cesto/cesta, charco/charca, barco/barca. Non se trata de xénero senón de tamaño.
    As hórreas cmo é lóxico teñen maior cabida ca un hórreo, polo xeral. Tamén cabería máis millo facendo un hórreo máis longo, de máis claros, pero seguramente non o permitía o terreo.
    Nunha aldea de Lalín, en Galegos (onde nacera miña nai), hai unha hórrea de triple ancho. É a máis grande que coñezo. Está na casa de Mosteiro, moi coñecida pois tiñan de antigo unha impportante parada das bestas. Nesta hórrea de triple ancho había un pasillo central e o millo colocábase nos dous laterais. No central ás veces colgábanse as cebolas ou deixábanse a secar as fabas.
    Outro día exporei outras curiosidades que albergan algúns outros hórreos.
    Un saúdo afectuoso.

    ResponderEliminar
  4. Non sei se é común ao resto de Galicia o termo "hórrea". Aquí diferenciamos hórreo de hórrea pola anchura da construción. Os hórreos teñen un ancho maior ou menor entre cada parella de columnas. Pero se aparecen tríos de columnas aliñadas e ten dobre ancho, daquela recibe o nome de hórrea. Sería pois unha diferenza de tamaño semellante á de cesto/cesta, charco/charca, barco/barca. Non se trata de xénero senón de tamaño.
    As hórreas cmo é lóxico teñen maior cabida ca un hórreo, polo xeral. Tamén cabería máis millo facendo un hórreo máis longo, de máis claros, pero seguramente non o permitía o terreo.
    Nunha aldea de Lalín, en Galegos (onde nacera miña nai), hai unha hórrea de triple ancho. É a máis grande que coñezo. Está na casa de Mosteiro, moi coñecida pois tiñan de antigo unha impportante parada das bestas. Nesta hórrea de triple ancho había un pasillo central e o millo colocábase nos dous laterais. No central ás veces colgábanse as cebolas ou deixábanse a secar as fabas.
    Outro día exporei outras curiosidades que albergan algúns outros hórreos.
    Un saúdo afectuoso.

    ResponderEliminar
  5. Non sei se é común ao resto de Galicia o termo "hórrea". Aquí diferenciamos hórreo de hórrea pola anchura da construción. Os hórreos teñen un ancho maior ou menor entre cada parella de columnas. Pero se aparecen tríos de columnas aliñadas e ten dobre ancho, daquela recibe o nome de hórrea. Sería pois unha diferenza de tamaño semellante á de cesto/cesta, charco/charca, barco/barca. Non se trata de xénero senón de tamaño.
    As hórreas cmo é lóxico teñen maior cabida ca un hórreo, polo xeral. Tamén cabería máis millo facendo un hórreo máis longo, de máis claros, pero seguramente non o permitía o terreo.
    Nunha aldea de Lalín, en Galegos (onde nacera miña nai), hai unha hórrea de triple ancho. É a máis grande que coñezo. Está na casa de Mosteiro, moi coñecida pois tiñan de antigo unha impportante parada das bestas. Nesta hórrea de triple ancho había un pasillo central e o millo colocábase nos dous laterais. No central ás veces colgábanse as cebolas ou deixábanse a secar as fabas.
    Outro día exporei outras curiosidades que albergan algúns outros hórreos.
    Un saúdo afectuoso.

    ResponderEliminar
  6. En Antas non temos hórreas.
    Parece extraño que haxa tanta diferencia entre os dous concellos, xa que o clima é practicamente igual e non atino agora a comprender como lograban que fosen bos secadeiros con tal anchura.
    Lémbranme os hórreos astures pola sua forma.

    ResponderEliminar