8 de agosto de 2007

LABREGA BAIXO UN FEIXE

Este blog e Agolada débenlle moito ao fotógrafo holandés Ton von Vliet, compañeiro de troula naqueles anos de finais dos 70. Tamén lle debemos obriga a Alfonso e a Xosé Antón Sucasas que foron quen mas facilitaron e quen trouxeron de novo a Agolada a Ton.
Na imaxe desta entrada Ton recolle a unha muller labrega enloitada portando un feixe de palla.
Chama a atención o rostro labrado pola intemperie, as mans artríticas e a expresión dun sufrimento indefinido. A muller labrega galega, coma a da foto, sufriu e aguantou da casa, dos fillos, dos traballos no campo, artrites e artroses, lumbalxias e dores múltiples, sempre con resignación e afouteza. A palla da foto parece querer simbolizar todas as cargas que durante moitos anos tivo que soportar. Afortunadamente na actualidade a situación xeral mudou para mellor. Pero cómpre recuperar imaxes coma a de hoxe para non esquecer a entrega dos nosos pais, avós e demais ancestros na procura desta Galicia que hoxe vivimos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario