17 de agosto de 2007

RETRATO NA PRAZA

Creo que xa expresei aquí nalgunha ocasión que a fonte da Praza de Agolada é un dos decorados preferidos polos lugareños para se inmortalizar. As variadas fotos que vou ofrecendo así o parecen confirmar. A fonte foi inaugurada en 1946 case parella a aparición das primeiras cámaras fotográficas por esta zona. A arquitectura da fonte a todos lles causou boa impresión polo que se advirte.
Os retratados son: o alcalde Xosé Otero Fernández (á esquerda), Alfonsina Blanco, Chichita García, Ricardo García, Laureano Otero (Tito). Os dous adultos do fondo e o neno rubio do primeiro plano non os identifico.
Esta foto á parte das persoas ten outros elementos de interese: algúns carballos da praza que foron tronzados moito antes de nacer a maioría dos actuais agoladenses, a sella pousada na fonte (habitual ata os anos 70. Ata entón non houbo auga corrente na maioría das casas) e o microbús de Urbano Fernández, popularmente coñecido como A Rubia de Urbano. Dicíase que Urbano tiña dúas rubias (o autobús e a súa dona Pepita Fraga, que tamén era rubia (loura) de cabelo.
A foto é do álbum de Alfonsina Blanco.

3 comentarios:

  1. é un pracer descubrir este blog, unha ollada panorámica e sentida, aínda que eu son de cotobade sempre tiven relación coa golada e as veces é fermoso voltar a vista atrás e lembrar a vida de antaño. tamén é curioso ver como desbotamos aquelas lembranzas que nunca foron ven recibidas,
    un saúdo, anxo de viascón

    ResponderEliminar
  2. todos os pobos escollen recantos da súa xeografía que -co paso do tempo- tórnanse clásicos á hora das fotografias. O exercicio de memoria pero tamén de responsabilidade urbanística que fixeches neste post ben vale unha ou dúas relecturas.

    ResponderEliminar
  3. O da esquerda, non é Xosé Otero (meu pai), non sei que é.
    Tito.

    ResponderEliminar