7 de agosto de 2007

UN CHISTE DE CINCO PATAS

"Non lle busques os cinco pés ao gato". A este can si, porque os ten. E por riba chámase "Chiste" (Había unha vez un can que se chamaba Chiste. Morreu o can e acabouse o chiste.) A pata dianteira esquerda deste can bifúrcase en dúas despois da articulación e nela aparécenlle dous pés que non apoia. Amáñase coas outras tres para camiñar con certa gracia. "O que ten de minusvalía teno de listo", dixo o seu dono que mostraba orgulloso a quinta pata do can da súa filla.
O cadelo pertence á casa do Xabiel (si, con l) de Faílde-Salto (Rodeiro). Encontrámonos unha mañá ciclista de abril, á beira dunha estrada sen tráfico, falamos un anaco e tireille esta foto e despois da foto prometinlle ao dono que o daría a coñecer en Internet. Aínda sentiu máis fachenda por ter un can tan distinguido.

2 comentarios:

  1. Un can curioso o tal chiste.
    Dá mágoa ver como se desprezan as cousas antigas ( falo pola ponte vella e a inscrición ).
    Manolo, estás escribindo a Guía artística e sentimental da túa vila. Os teus veciños teñen que agradecercho.

    ResponderEliminar
  2. Pois nada, dille que en Corme xa sabemos de el.

    ResponderEliminar