30 de outubro de 2007

INSCRICIÓN BAIXO A FIESTRA

Esta inscrición atípica baixo a fiestra dun casal de O Sisto (Órrea) chamou a miña atención. Non é habitual encontrar as inscricións nesta ubicación. Adoitan estar nos linteis das portadas ou nos brasóns das fachadas. Outro detalle reseñable é a uniformidade das grafías e a castelanización do texto "HÍZOLA... AÑO DE 1730? O nome puidera ser Domingo Antonio? Era propio das grafías da época utilizar determinadas abreviaturas, os círculos que hai sobre o I e sobre o T parecen indicar formas abreviadas. Que alguén nos saque de dúbidas!

1 comentario:

  1. Ola Manolo
    É curioso o feito de estar gravado sobre a base dunha fiesta; non sei como son os linteis das portas e a súa disponibilidade para gravar neles. En todo caso nas fiestras sempre hai perpiaños nos que se pode gravar.
    No tocante ao gravado: é un tipo de inscripción capital onde se aprecian as grafías do texto ben proporcionadas e trazadas cun punteiro. E con abreviaturas nos nomes propios de quen seguramente, tal e como mencionas, foi o dono da casa DOMI (NGO) ANT (ONIO). O sistema abreviativo é moi amplio desde o século I antes de Cristo e o círculo enriba do I e do T así o atestiguan.
    Unha aperta
    Fernando

    ResponderEliminar