15 de novembro de 2007

AGOLADA VERDE DE AGOSTO

Estamos a vivir tempos colmados de paradoxos, os campos verdean en agosto e agora en novembro ofrecen un aspecto inédito, impensable, reseco. As cores ocres predominan e obrigan a pensar en cambios do clima que se suceden sen remedio e aos que dificilmente lles imos pór remedio. O feito pódese atenuar pero creo que xa estamos a pagar o prezo polas repetidas e variadas agresións ao medio ambiente.
Con calquera que fales haiche dicir que lles gusta a Galicia chuviosa, que os invernos traian augas e neves; os veráns, luz e calor; os outonos, dourados trebóns e fume de castañadas; as primaveras, unha promesa de gromos novos e unha fiestra de algarabía.
Na imaxe, tomada a mediados de agosto do presente ano, o bosque e os campos aguantaban con dignidade da clorofílica cor. Desde Paradela (Carmoega), en primeiro termo, avístanse os eidos de Santán (Santa Comba), no medio; e no horizonte, o gran peito granítico do Farelo emerxe coma lombo de balea sobre a mar aqualatense.

4 comentarios:

  1. E logo esa imaxe non é unha magnífica estampa?.
    Ben descrita e moi ben ilustrada, si señor. Deste lado vémoslle o outro lado do lombo á balea...

    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Fai dous anos, polo mes de Xullo que é cando estou por aí, estaba todo seco. Este verán todo o contrario, Chovía e podíanse percebir ata o fondo da parroquia, unhas dazaseis tonalidades de verde. Agora en novembro, parece que queredes competir con Canarias en turismo de inverno.
    É triste, moi triste. Só ter que pensar que os humanos teñamos que poñernos de acordo para arranxar este desaguido, ponme os pelos de punta. Non sei nen como somos capaces de conducir todos pola dereita.
    Unha aperta de buxo, como as do Pintor.

    ResponderEliminar
  3. Como se nota canto queres ó teu recunchiño do planeta por a maneira que tés de falar del!

    ResponderEliminar