25 de novembro de 2007

COUTO DE CAZA MOI PARTICULAR

Estamos en plena temporada de caza. Os montes de Agolada gozan desde sempre de alto interese cinexético. Pero eu que non son cazador veño de descubrir unha nova modalidade de caza maior.
Practícase en couto privado, moi privado e moi particular. Se o día non veu de cara e non abatiches ningunha peza, queda o recurso do escopeteiro, tirarlle a calquera cousa que se mova.
Ou aínda que non se mova. Quizais un cazador miope creu ver un xabarín ou unha lebre xigante onde non había máis que un letreiro á beira da estrada. O día fora malo e había que darlle uso á escopeta. E velaí o resultado: a pobre vaca e o letreiro mancados polos perdigóns.
Ao labrego galego chóvenlle paus de todos os lados. Pero con que lle matasen a vaca do letreiro non contaba. ¿Metáfora do que está sucedendo no noso agro?

2 comentarios: