13 de novembro de 2007

LUIS ARAQUE SANCHO (II)

Hai días falábavos aquí do compositor zaragozano Luís Araque Sancho, que estivo vencellado ás terras de Agolada por lazos matrimoniais. Naquela data non puiden ofrecervos ningunha imaxe del.
Hoxe recibín un correo de María Carmuega. Ela e a súa irmá Clara son fieis seguidoras deste blog e observan con atención as novas que vou publicando. En varias ocasións teñen deixado o seu comentario aportando novos datos que van poñendo luz ao pasado que iamos esquecendo. Exprésolles o meu agradecemento.
Neste correo envíame o enderezo dunha web onde aparece a foto de Luís Araque. A páxina, certamente curiosa, corresponde ao cemiterio madrileño Sacramental de San Justo. Non imaxinei endexamais que os cemiterios puidesen ter páxina web. Pero aí a tedes indicándonos que na zona coñecida como Patio del Santísimo Sacramento está o nicho que alberga os restos de Luís Araque Sancho desde 1971. Na páxina aparece citado no epígrafe de Personaxes Ilustres que figuran enterrados no cemiterio. O contido da mesma reza como segue:
LUIS ARAQUE SANCHO
+Madrid, 1.971
Compositor.
Destacó principalmente en los años 40-50 por sus pasodobles y bolero: Ya sé que tienes novio, A escondidas, Española, etc., cantados por Antonio Machín, Jorge Sepúlveda, Las Hermanas Fletas y otros más.
Está inhumado en la sepultura nº 329.

4 comentarios:

  1. Carallo, eu tampouco houbera imaxinado que os cemiterios teñan páxina web. Cousas veredes, amigo Sancho...

    ResponderEliminar
  2. No sé por qué a mi no me sorprende. Estoy tan asombrada con el milagro de internet permanentemente: el acceso a lugares lejanos e imosibles, a ideas, a personas, información, ¡tantas cosas al alcance de la mano!, yo creo que ya empezamos a acostumbrarnos, y creo que deberíamos ser consciente en todo momento. La abuela de mi ex se sentaba delante de la lavadora a ver como lavaba y contaba a quien quisiera oirla todos los trabajos que ella había pasado lavando tanta roupa da sua familia numerosa, no lavadeiro municipal coa auga xeada do inverno... Ella no se acostumbraba y cada día era un milagro ver lavar la lavadora...
    A mi eso me pasa con internet.

    ResponderEliminar
  3. de verdade foi de Agolada, que ben.un saudo

    ResponderEliminar
  4. Mira por donde. Jorge Sepúlveda e antonio Machín ligados a Agolada. Moi ben

    ResponderEliminar