25 de novembro de 2007

TOPONIMIA DE BORRAXEIROS

Galicia posúe un idioma de seu, antigo, minorizado pero con toda a dignidade intacta. Despois de séculos de discriminación, parece incrible que a toponimia resistira na oralidade. E un alédase especialmente ao poder ollar os indicadores das estradas e comprobar que recollen a toponimia galega na escrita, a que o pobo creou para indicar a existencia dunha casa labrega (A Vila), un pazo que antes fora castelo (Pazo da Torre), un Quinteiro (casa con fincas), outra nova vila (Vilanova), unha aldea con cabanas pequenas (Cabanelas), e a ermida do santo (San Miguel).
A que quedan bastante mellor ca ler La Villa, Palacio de la Torre, Quintero, Villanueva y Cabañitas!

9 comentarios:

  1. Alégrome que teñas visitado o meu blog, eu tampouco é a primeira visita que fago a Aquam latam. e aproveito a ocasión pra felicitarte polo bonito blog que tes. De onde son eu pasa o mesmo gracias a dios ninguén se cargou nomes coma "Duxame" "Portodemouros" "Vilar""Xordedo" "SanTomé" "Souto".... Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Hola, ao igual que mercedes esta é a miña primeira visita, e xa me tes de asiduo con post coma este...a verdade e que é unha pena non aproveitarmos a nosa cultura, e dimo a min que vivo en "La Coruña"...Jeje!
    Causame dor esa xente que me fala de "Besejos" (Besexos) e "Sabrejo" (Sabrexo), asi como a xa citada "Dujame", todas elas parroquias cruceñas...pero boeno, xa sabemos que hai moitos que din "Sanjenjo" (¿saberán que Xenxo é "Ginés"?)...
    Pois iso, que está ben atopar blogues coma estes pola rede, seguro que algún día atopo algún post sobre Orrea...Felicitacións

    ResponderEliminar
  3. É verdade que queda millor. Coma este carte que hai ao sair do instituto que pon Villatuje, que horror. Moitos saúdos

    ResponderEliminar
  4. Pois se que queda moito millor , non fai dano a vista nin o oido

    ResponderEliminar
  5. Home, nin comparación. Dices Cabañitas e parece que falas dun xoguete para nenos.

    ResponderEliminar
  6. Vivan os nosos devanceiros por manter viva a nosa lingoa! Vivan por salvagardar tan ben o màis grande dos nosos tesouros! por permitirnos o placer de conhecer e dicir tan fermosos topònimos. Somos ricos e moitos ainda non o saben!

    ResponderEliminar
  7. Concordo plenamente co teu comentario.
    Da gusto, si señor!

    Saúdos

    ResponderEliminar
  8. por suposto que os nomes galegos son moito máis fermosos e líricos e engaiolantes. Por suposto! é asi porque nesa lingua foi falada a memoria e é falado o presente deses sitios.

    ResponderEliminar