6 de novembro de 2007

UN MEME DIFERENTE

Hoxe recibín a invitación de Paideleo para participar nesta iniciativa dos MeMes que case ninguén sabe de onde partiu, pero que circula por toda a rede a velocidade de vertixe. Levo lidos varios e case todos coinciden en falar de OITO cousas que aos autores lles gustan.
Xa se fala tamén de que logo han de vir outros memes falando das que non gustan. Permitídeme ser diferente e xogar coas palabras e cos EMES.

OITO MEDOS
MOITOS MEDOS
Teño moito medo aos fanáticos sen escrúpulos.
Teño moito medo aos ególatras e á soberbia que destilan.
Teño moito medo aos amos da verdade omnímoda e incontestable.
Teño moito medo aos círculos cáusticos da maledicencia.
Teño moito medo aos salvapatrias frustrados.
Teño moito medo aos especuladores do alleo.
Teño moito medo á paraplexia social fronte á fame, á guerra e á insolidariedade.
Teño moito medo a non sentir medo por nada.
Agora procede que invite a OITO blogueiros para que se sumen a esta idea dos memes. Vaia, pois, para Beatriz Dacosta, Torredebabel, Dorvisou, Fada Branca, Vanessa de Santiso, Chousa da Alcandra, Ángel Utrera e El toupo que fuza.

12 comentarios:

  1. Pobriños, algúns deses blogueiros están "cosidos" a memes :)

    O teu fixéchelo moi orixinal. Que ocurrencias tedes a xente nova! :P

    ResponderEliminar
  2. Eu que crin que me ia librar do meme, ou que nadie se acordaba de min. A verdade dicir que me aledo moito de que foses ti o da invitación. Xa estaba a pensar en que escribir para a próxima, agora xa o teño, a ver que sae. Xa o verás. O teu meme parece dos mais orixinais que lin ata o momento. ¿Adiviñas de que pode ir o meu? Se o sabes avisa que eu ainda non o sei nin eu. Bicos

    ResponderEliminar
  3. ¡Aí andamos, meu!
    Eu vou aproveitar para postear cada día unha cousa, oito días seguidos, mi madriña, co vago que ando últimamente...
    Serán oito cousas sen máis nexo que o de vivir fora da terra.
    Ah, e dos teus medos dicir que ata me dan medo :-)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume m8 o teu mm.
    Graciñas por colaborar.

    ResponderEliminar
  5. ai, manolo.... agora terei que botar a man á faltriqueira dos medos... ¡a ver se podo durmir!!!
    apertas-

    ResponderEliminar
  6. fareino, fareino!
    andiven liada co traballo e chego algo tarde pero fareino!!! Dende logo, non tan orixinal e ben feito como o teu.

    ResponderEliminar
  7. Compromiso adquirido cun sorriso!
    Levo o encargo atrasado, pero fareino, máis tardar, este venres.
    Gustoume ler o teu.
    Apertas

    ResponderEliminar
  8. prometoche seguir cas mmmm, pero cando aclare as miñas ideas, pofrque nos ultimos tempos, non sei si estou en m- ou en ????
    Teño que parar e argallar unha resposta as miñas dubidas
    Xa verei cando
    Unha aperta, de verdade sois todos uns tolos moi fermosos, un soño de futuro, no presente.
    Angel

    ResponderEliminar
  9. Non esquezo o dos memes, aínda que tarde.
    Suso

    ResponderEliminar