Hai débedas que só se pagan con afecto e agradecemento. Hoxe pretendo amortizar unha parte da que teño contraído con Celso Fernández Sanmartín, amigo próximo e entrañable, pródigo en apertas e sorrisos.
Celso é o mellor contacontos que coñezo e a alma que carreta ledicia e rechouchíos na Residencia da Terceira Idade de Lalín. Posúe un río de fantasía que flúe de manancial inesgotable de historias, ideas e anécdotas. Goza da esencia da palabra, enraizada na tradición e no pobo, o mesmo pobo que se lle entrega en auditorio rendido e plural.
"Celsiño" sabe do compromiso e da entrega, coas causas, coas ideas, cos nenos, cos adultos e cos anciáns dos seus afectos. É poeta e poesía, xograr de a pé, ilusión e optimismo.
Grazas por seres tanto para nós e déixanos ser tamén para ti, amigo.
Eu tampouco pasara nunca por eiquí, e agora que vexo os links, dame a min que ata debemos de ser da mesma zona.
ResponderEliminarUn bico
Eu apostaría que o home da foto grande, con camiseta branca, ben mantido e con pose revirada; ven sendo o meu benquerido mestre de gaitae compañeiro de algunhas fatigas gastronómicas Manuel Varela Varelita
ResponderEliminar(E a ti, agora que te vexo, pois tamén te coñezo)
Saúdos
Diana, Chousa, é o amigo gran gaiteiro e acordeonista Manolo Varela de Toques. Saúdos.
ResponderEliminarGrazas pola tua visita.
ResponderEliminarOs meus parabens ao teu amigo, pois hoxe non abundan as persoas anonimas que fagan feliz a xente usando a maxia das verbas
En efecto, Celso é o mellor contacontos de Galicia. E éo porque é amo da palabra, da palabra que sae da terra. Celso converte a terra en palabras. As súas palabras teñen o arrecendo da nosa esencia. Ese é o se gran privilexio e o que o diferenza doutros bos contadores
ResponderEliminarSi é verdade, vive na Cacharela onda os meus avós. E é un bo caontacontos. Eu acordome de que unha vez de que fora tocar, regalounos bobmbons
ResponderEliminarFai uns dias tiven o placer de escoitar a Celso.Agora intento atopar a forma de contactar con el porque traballo nun colexio e gustariame que viñese .
ResponderEliminar