19 de decembro de 2007

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN


Hai débedas que só se pagan con afecto e agradecemento. Hoxe pretendo amortizar unha parte da que teño contraído con Celso Fernández Sanmartín, amigo próximo e entrañable, pródigo en apertas e sorrisos.
Celso é o mellor contacontos que coñezo e a alma que carreta ledicia e rechouchíos na Residencia da Terceira Idade de Lalín. Posúe un río de fantasía que flúe de manancial inesgotable de historias, ideas e anécdotas. Goza da esencia da palabra, enraizada na tradición e no pobo, o mesmo pobo que se lle entrega en auditorio rendido e plural.
"Celsiño" sabe do compromiso e da entrega, coas causas, coas ideas, cos nenos, cos adultos e cos anciáns dos seus afectos. É poeta e poesía, xograr de a pé, ilusión e optimismo.
Grazas por seres tanto para nós e déixanos ser tamén para ti, amigo.

7 comentarios:

  1. Eu tampouco pasara nunca por eiquí, e agora que vexo os links, dame a min que ata debemos de ser da mesma zona.

    Un bico

    ResponderEliminar
  2. Eu apostaría que o home da foto grande, con camiseta branca, ben mantido e con pose revirada; ven sendo o meu benquerido mestre de gaitae compañeiro de algunhas fatigas gastronómicas Manuel Varela Varelita

    (E a ti, agora que te vexo, pois tamén te coñezo)

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Diana, Chousa, é o amigo gran gaiteiro e acordeonista Manolo Varela de Toques. Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Grazas pola tua visita.
    Os meus parabens ao teu amigo, pois hoxe non abundan as persoas anonimas que fagan feliz a xente usando a maxia das verbas

    ResponderEliminar
  5. En efecto, Celso é o mellor contacontos de Galicia. E éo porque é amo da palabra, da palabra que sae da terra. Celso converte a terra en palabras. As súas palabras teñen o arrecendo da nosa esencia. Ese é o se gran privilexio e o que o diferenza doutros bos contadores

    ResponderEliminar
  6. Si é verdade, vive na Cacharela onda os meus avós. E é un bo caontacontos. Eu acordome de que unha vez de que fora tocar, regalounos bobmbons

    ResponderEliminar
  7. Fai uns dias tiven o placer de escoitar a Celso.Agora intento atopar a forma de contactar con el porque traballo nun colexio e gustariame que viñese .

    ResponderEliminar