28 de decembro de 2007

O LABREGO E A VÍBORA

Xa chegara o inverno, e un labrego encontrou nun camiño unha víbora case conxelada co frío. Apiadouse dela, recolleuna e goreceuna no seu colo. Reanimada pola calor, a víbora recobrou os seus sentidos e matou a quen só lle quixera facer o ben. O home, sabéndose ferido de morte, aínda tivo forzas para exclamar:
-Téñoo ben merecido por compadecerme dun ser malvado e desagradecido.
Desde que Esopo escribira esta historia na Grecia do século VI a. C., a realidade actual en pouco mudou. Segue a haber "labregos" que dispensan atencións a quen non as merece e "víboras" de mordedura letal contra os seus benfeitores. Ás veces a "víbora é un ente individual, noutras moitas ocasións pode ser un colectivo que, malagradecidos, exterminan na moa da carraxe aos seus mellores valedores.
Tantos séculos de historia non foron capaces de virar os comportamentos nin os sentimentos.

3 comentarios:

  1. A fábula veuche de fábula para o que ti querías expresar eh?

    Xa dicían aquelo de "cria corvos...".

    Bo ano 2008

    ResponderEliminar
  2. sinto a decepción, pero que non che quite folgos.

    un biquiño!

    ResponderEliminar