14 de decembro de 2007

PROXECCIÓN MULTIMEDIA DE AMIGOS DOS PENDELLOS

Desde a Asociación Amigos dos Pendellos seguimos a traballar para rescatar do anonimato o patrimonio material e inmaterial de Agolada. E o vindeiro sábado 15 no salón de actos do Centro da Terceira Idade presentaremos dúas composicións de Juan Eiras en dous audiovisuais inéditos (obras dedicadas á terra do seu pai e dos seus avós, que é a nosa), un fragmento do documental "O Camiño de Santiago. A Orixe" con escenas rodadas nos Pendellos. E como agasallo de Nadal unha estupenda película "Me llaman radio", emotiva, entretida e descoñecida para moitos.
Coma sempre, a entrada é de balde e gustaríanos vernos acompañados polos amigos e veciños na ledicia e na reivindicación do que nos é máis próximo.

3 comentarios: