7 de xaneiro de 2008

CANS E TRANSEÚNTES

Hai un chiste moi vello que falaba dun home que foi visitar a un amigo e na porta da eira atopouse co can que lle ladraba con cara de poucos amigos. O visitante ante aqueles ladridos hostís non se atrevía a entrar. O dono da casa oíu ladrar o can, saíu á eira e ao ver ao amigo díxolle: "Pasa, home, pasa. Ti non sabes que can ladrador non é mordedor?" E o outro respostoulle: "Eu seino. Sábeo tamén o can?"
Isto vén a conto porque os que andamos polo rural sufrimos de vez en cando as acometidas desaforadas de cans ceibos que ven nos descoñecidos, e peormente aos que imos sobre bicicletas, invasores dos seus dominios. Nalgunhas ocasións aparece o dono dicindo "non lle teña medo ao can que non fai dano a ninguén". Soe ser así, todo remata coa exhibición sonora do can. El conserva intacto o seu territorio e os transeúntes respiramos aliviados cando se alonxa. O que non remedia o dono nin o can é o susto e a consecuente taquicardia.
Sei que é consubstancial ao rural a presenza dos cans de palleiro e os de pastoreo. Pero un mellor control dos cadelos non estaría de máis. Eu caín da bici nunha ocasión por mor dun que se me cruzou e a piques estiven de caer noutra máis. E tamén vin como outros caían. E incluso sei de quen foi mordido indo sobre a bici.
O que aparece na foto foi un dos que me recibiu en Laxosa atronando o aire co seu ladrar desmedido. Cando crin que xa se ía, recuou e nese momento aproveitei para lle facer esta foto. Espero que non se enfadase máis por iso.

11 comentarios:

  1. Eu tamén botei unha tempada hai anos que saía coa mountain-bike e tiña problemas cos cans que me perseguían. Un día tiven que levantar os pés no aire que me trababa o can se os deixaba nos pedais.
    Hai que pensar que antes que as bicicletas había cans e non queren ceder o seu dominio.

    Falando doutro tema. Déixoche un enderezodun blogo que seguro que che ha gustar que falan de arqueoloxía e máis temas e puxeron o outro día unha foto dun encoro case enxoito con restos de casas. A min o blogo gústame e supoño que a ti tamén.
    Un saúdo e o palleiro saiu mui ben retratado...non creo que se encomode.

    ResponderEliminar
  2. Ui, o enderezo é:
    http://www.neixon.blogspot.com/

    ResponderEliminar
  3. E que un can ladrando alporizado e cos dentes regañados, arepía a calquera!

    ResponderEliminar
  4. Eu tíñalles auténtico pavor hai uns anos (e iso que non andba en bici); agora que vivo no rural aprendín a tratalos un pouco máis. Tamén é certo que os que andan ceibos por aquí son máis ben pequenos e as arroutadas que lles dan máis ca nada provocan a gargallada.

    ResponderEliminar
  5. Pois, como non podía ser doutro xeito, eu tamén levei os meus apuros cos cadelos indo na bici. Na aldea de San Fiz un día perseguíronme -eu xuraría- unha ducia deles. Menos mal que era llaneando e deixeinos atrás.
    No que respecta ao tamaño dos bichos, non fai norma, xa que os pequenos adoitan enlizar nos grandes e fan un equipo do carallo...
    Así e todo, sopesando os riscos, dame máis medo as carreteras "xenerais" cos coches (e camións que semella que te van arrastrar co aire) que os chuchos.

    ResponderEliminar
  6. A min éncantanme os cans. Aquí en Lalín fai 2 anos, había unha chea de cans soltos, e a unha amiga miña subíanselle. E tamén amigo de meu avó contoume, que aquí en Lalín non hai máis cans porque dende que chegaron os chinos non hai (contoume que como os chinos comen cans....) E agora os cans que van atados tan só o ver un chino xa marchan para atrás.

    ResponderEliminar
  7. A ver se te denuncia (quixen decir, se te morde) por sacarlle a foto sen autorización. ¿E os dereitos de imaxen, qué?

    ResponderEliminar
  8. Xenial o comentario de Chousa de Alcántara. Eu compartoo ao 100%.
    Un saúdo
    Fernando

    ResponderEliminar
  9. Agradezo todas as vosas aportacións e coincido con Chousa no relativo aos camións e ás estradas máis transitadas. Eu procuro evitalas.
    Agora ocúrreseme que unha boa maneira de deixar os cans ceibos nas aldeas e preservar a integridade dos viandantes ou ciclistas, sería poñerlles un bozo que non lles impedise ladrar pero si morder. Sendo sabedores da súa incapacidade para trabar o susto sería menor e diminuirían as situacións de risco.
    En relación ao que di Peke, eu tamén aprendín a tratalos á miña maneira, non facéndolles fronte e respectando o seu feudo. O que non conseguín e amansalos ou facelos calar.Pero con iso non basta.

    ResponderEliminar
  10. Pode ser certo o dos chinos, nunca os miro no super. A. Cris

    ResponderEliminar