23 de xaneiro de 2008

DE HÓRREOS E PENDELLOS

Hoxe teño que empezar por falar de Os Pendellos. Acabo de saber que a Consellería de Cultura lle deu o visto e prace ao proxecto de restauración do antigo mercado de Agolada presentado pola Deputación. As dúas administracións comprométense a invertir en tres anualidades (2008-2010) 1.200.000€ na recuperación deste valioso e singular patrimonio. Trátase dun proxecto de restauración integral que vén de ser supervisado polos servizos técnicos e xurídicos da Consellería.
Parece que as obras empezarán nos primeiros meses deste ano. Creo que é un momento importante para esta vila depauperada. Reservo o momento de expresar a ledicia plena ata ver as obras inciadas.
Namentres tráiovos estas imaxes de dous hórreos de moi boa factura e que presentan algúns elementos curiosos. Os dous están en O Castelo (Lalín), preto de Agolada. O da foto superior data dos anos cincuenta e o seu autor foi o excelente canteiro de A Costa (Ferreiroa), Manuel do Campo. Os remates representan unha escena de caza. A escopeta á parte de apuntar a unha ave, olla cara o castro Marcelín que aparece no horizonte. A bandeira galega e a española campean nos seus costados, complementados por unha mestura de formas e cores. Non deixa de ser unha forma diferente de expresar o feísmo.
O hórreo da foto inferior é moi recente, de nova factura. Nel sorprende unicamente a porta vidreira. De boa madeira, pero non casa co tradicional.

8 comentarios:

  1. A porta do hórreo de abaixo debeu ser sacada do salón da casa. E aínda han dicir que os galegos non reciclamos...

    ResponderEliminar
  2. Na minha zona son cabozos. Fermosos por certo.

    Unha aperta.
    :)

    ResponderEliminar
  3. Mágoa da pintura do primeiro. É un magnífico exemplar da nosa zona, si señor. Boa cantería e moi fermosa factura. O remate do cazador xa o teño visto eu en algún exemplar en Taboada e creo que ti xa amosaches outro con idéntica representación. Da idea da afición pola caza que tiña o constructor ou o dono do hórreo.

    O da porta do salón...que lle imos dicir!

    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Algunha pequeña znfonista foiche co conto non?? bicos

    ResponderEliminar
  5. Non ten nada que ver un hórro co outro, o segundo é ben feo, e a porta, xa non digo nada. Tirade con él e poñede unha estatua do Botero.

    ResponderEliminar
  6. todos os cartos que se destinen a recuperar o pasado que da sentido ao presente, son cartos ben investidos, claro que si.

    ResponderEliminar