28 de xaneiro de 2008

XANEIRO XEADEIRO

O tempo sempre é noticia. Poida que sexa un dos temas máis recorrentes. O presente ano, por atípico, é tema frecuente nas conversas.
Estes días de xaneiro xea, pero mesmo as xeadas non son as que eran. Raras veces se acadan temperaturas inferiores a 0ºC (Agolada está a 577 m. sobre o nivel do mar).
A xeada que recollín nestas follas dunha silveira fíxena hai tres anos en Carmoega. O frío cravábase na pel como agullas, como as mesmas agullas pousadas na delicadeza vexetal. O chan estralaba baixo os pés e a beleza da paisaxe xeada ocultaba detalles como os que o macro puido recoller e que agora vos ofrezo.

5 comentarios:

  1. As xeadas xa non xon o que eran, as nevadas tampouco, as choivas son moito mais escasas. O cambio climático, meu.

    ResponderEliminar
  2. A foto é moi moi boa. Só de vela xa me entra frio... Ou será porque realmente o fai???

    ResponderEliminar
  3. Ás mañás, cando collo o coche en Quinzán, o cristal ten unha capa de xeada que lle leva minutos derreter... Alguén me dixo que lle botase alcol, pero cando hai présa doulle cunha tarxeta para quitarlle a capa máis grosa... coa da seguridade social,... atopeille uso...jejejej
    Bicos, Busto

    ResponderEliminar
  4. Na Coruña non xea. Por unha vez estou conforme, ainda que non podo ver as paisaxes brancas compensame non pasar frío nin ter que quitar o xeo do cristal do coche!!

    ResponderEliminar